martes, 21 de junio de 2011

012


Quixera,
dunha vez,
abrirte en canle,
cun só corte,
cunha soa verba.
Quixera atoparte estrana, abandoada:
perdida na fraga.
O lobo diríache:
"tira coas bragas ao lume,
xa non vas necesitalas";
ti sorrís,
méteste na cama.
Agora é cando te boto en falta,
cada noite e cada mañá:
todas estas zorras non valen nada.
Son libre de lamberte,
descubrindo neve e suor nas túas costas;
és libre de axeonllarte, de pregar:
pregar por tí e por min,
por estares xuntos á alba.

2 comentarios:

  1. Entre todos, este hubiese sido mi preferido, de no ser...

    ResponderEliminar
  2. (sin contar el nueve, ése es el mejor que has escrito nunca) ;)

    ResponderEliminar