martes, 21 de junio de 2011

010


Agora vivo ao redor do ceo e das alturas,
da escuridade e da luz; de vastos dragóns metálicos:
que me masturbe non significa que te quera,
que te masturbes non significa que olles por outros nomes.
Trátase só de tempo, e de cinza;
tan só do cabalo negro, da agulla, do destiño:
de collerte pola cabeleira, de arquea-las túas costas, sentí-los teus riles.
Térte presa en xenebra e lume non me satisfai,
son xa demasiadas noites de gato á beira da cama,
de verte marchar con outro,
de amenceres, de cocktails, de risas e náuseas.
Non teño nin que espir ás luxuriosas sombras da nosa cama,
coñécenme mellor ca tí, saben qué quero,
aínda que a navalla sinala máis ben un cadaleito,
un lago de tebras e ruido:
unha derradeira canción, un derradeiro suspiro:
je t´aime, moi non plus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario